Un equipo de investigadores da Universidade de Washington en San Luis creou un
dispositivo implantable no corazón que pode, por exemplo, predicir un inminente ataque cardíaco. O máis chamativo deste invento é que foi creado cunha impresora 3D bastante común.
Esta “chaqueta”, unha membrana elástica tridimensional feita dun material de silicona suave e flexible, ten a forma exacta para que se axuste á capa externa da parede do corozaón. A esta especie de cobertura imprímenselle (coa impresora 3D) pequenos sensores utilizados para medir a temperatura, o pH ou mesmo provocar un pulso de enerxía eléctrica nos casos de arritmia.
Grazas a este innovador dispositivo, que se axustaría perfectamente ó corazón do usuario (xa que a forma e o tamaño varían dependendo da persoa), os médicos poderían determinar con gran facilidade e precisión a saúde do corazón, administrar calquera tratamento ou predicir un ataque ó corazón antes de que o paciente mostre calquera síntoma físico.
FUENTE: http://www.muyinteresante.es/