Se a tea de araña natural xa é de seu máis resistente que o aceiro ( é a fibra natural máis forte que coñece a humanidade), un equipo de científicos americanos creou unha seda de araña sintética que é até cinco veces máis forte que este metal. O estudo foi publicado na revista Chemical & Engineering News da American Chemical Society.
A resistencia e a elasticidade da tea de araña convertérona en foco de estudo durante anos, onde os científicos estiveron tratando de crear unha versión sintética da mesma no laboratorio.
Agora, grazas a que esta investigación chegou ao seu fin pode falarse de comercialización do produto sen pestañeos e os científicos esperan que a produción comece unha progresión ascendente cando se expoñan os posibles usos desta seda de araña sintética extra forte. De feito, algúns dos campos e aplicacións útiles da mesma poderían ser en chalecos antibalas dos corpos de seguridade ou mesmo en implantes médicos.