Os elefantes recoñecen a voz e a linguaxe humana

Os elefantes son capaces de identificar se unha persoa supón unha ameaza para eles a partir da súa voz e ata da súa linguaxe, isto é, poden diferenciar entre distintos grupos étnicos.

A esta conclusión chegou un equipo de científicos da Universidade de Sussex, no Reino Unido, tras estudar os hábitos de varios grupos familiares destes grandes mamíferos no Parque Nacional de Amboseli, en Kenia.

Karen McComb profesora de Cognición e Comportamento Animal, que coordinou  a investigación, sinala que recoñecer aos depredadores e evaluar o grado de ameaza que supoñen é unha habilidade fundamental para moitos animais salvaxes. Neste sentido, os seres humanos supoñen un desafío, pois este varía drásticamente en función do grupo ao que pertenzan

Para analizar a reacción dos elefantes, reproducíronse a través de altofalantes camuflados as voces duns masais, un pobo co que estes proboscidios adoitan ter problemas, pois compiten polo acceso ao auga e aos pastos, e duns kamba.
Estes seguen un modo de vida máis sedentario, baseado sobre todo na agricultura, e, en principio, supoñen un menor risco para os elefantes.

Os expertos observaron que estes animais agrupábanse e a súa actitude volvíase marcadamente máis defensiva cando escoitaban aos masais, aínda que estivesen dicindo a mesma frase que os kamba. É máis, aínda que non descoidaban a vixilancia, relaxábanse cando quen falaban eran mulleres ou nenos.

http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/los-elefantes-reconocen-la-voz-y-el-lenguaje-humanos-641394532518

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.