Un virus conxelado durante 30.000 años volve á vida

Un equipo de investigadores do Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia recuperou un virus atrapado no permafrost, unha capa de chan xeada que cobre amplas zonas das rexións polares ou próximas aos glaciares, e logrou que recupere a súa capacidade infecciosa. Segundo describen estes expertos na revista Proceedings of the National Academy of Sciences, as dataciones por radiocarbono da mostra de chan onde foi achado este axente revelaron que levaba conxelado na tundra de Chukotka, no leste de Siberia, onde a temperatura media anual rolda os 13 graos baixo cero, uns 30.000 anos. Isto é, o virus, denominado Pithovirus sibericum, coexistiu cos neandertales e os mamuts. Tras liberalo, os científicos observaron como se replicaba nunha placa petri e conseguía infectar unha ameba, un organismo unicelular.Aínda que este virus é de gran tamaño posúe 500 xenes, mentres que o da gripe, por exemplo, só ten 8, é inofensivo para os animais, humanos incluídos.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.