Novo diseño de drons inspirados nos morcegos

O Instituto Virginia Tech (EEUU) determinou que o movemento das ás dos morcegos pode servir como inspiración para deseñar novos robots voadores autónomos ou drons.Os resultados do estudo foron publicados na revista Physics of Fluids.

A base da investigación centrouse nos morcegos da froita, cuxa especie pode chegar a medir 40 centímetros de longo, 150 centímetros coas ás estendidas e pesar máis dun quilogramo. O característico do movemento das ás destes mamíferos é a relación que se establece entre o movemento das súas ás e o fluxo de aire ao redor das mesmas.

O equipo de investigadores utilizou unha serie de medicións experimentais das ás dos morcegos en voos reais, así como un software específico para analizar e entender este movemento. Os científicos descubriron que os morcegos, ademais de representar o único mamífero do mundo que é capaz de voar,  son capaces de manipular o movemento das ás coa sincronización específica para maximizar a forza xerada pola á, é dicir, modifican ou distorsionan o tamaño e a forma da á continuamente mentres se produce o aleteo, co fin de que o aleteo sexa o máis eficiente posible co mínimo esforzo.

Esta técnica podería utilizarse para deseñar pequenos robots voadores que sexan capaces de imitar estes movementos de aleteo tan eficientes, así como para simplificar o futuro deseño da á.

O dron sería deste estilo:

Fonte de información:

http://www.muyinteresante.es/innovacion/tecno/articulo/un-nuevo-diseno-de-dron-se-inspira-en-los-murcielagos-361394783215

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta