“Control dos recursos: cálculo das reservas naturais”

Para comezar as enerxías non renovables son aquelas fontes de enerxía que se encontran na natureza nunha cantidade limitada e unha vez esgotadas non se poden substituir.As fontes de enerxía non renovables son os combustibles fósiles(carbón,petróleo e gas natural) e a enerxía nuclear.

 

Combustibles fósiles:

-Carbón:A finais de 2006 as reservas de carbón ascendian a uns 800 ou 900 gigatones.A Administración de Información de Enerxía dos Estados Unidos (EIA) estableceu as reservas mundiais en 930 mil millóns de toneladas a partir de 2006.

O ritmo actual de extracción suponse que debería durar 132 anos.Polo contrario a tasa de consumo incrementase en 2-3% por ano,o que leva ao esgotamento potencial de 56 anos.Con actual consumo mundial total de enerxía de 15,7 teravatios hai carbón suficiente para proporcionar a todo o planeta toda a enerxía necesaria durante 37 anos.

Dos tres combustibles fósiles,o carbón ten as reservas máis ampliamente distribuidas.Extraese en máis de 100 países e en todos os continenetes,excepto na Antártida.As maiores reservas atopanse en Estados Unidos,Pakistán,Rusia,China,India e Australia.

-Petróleo:É moi díficil calcular para cantos anos teremos petróleo.É díficil facer este calculo porque depende de moitas variables descoñecidas.Non sabemos cantos depósitos novos se van a atopar,nin o ritmo de consumo.Outro problema do petróleo é que se consume en lugares nos que non se produce.Así entre Estados Unidos e Europa occidental consumese case a metade do petróleo mundial.

A finais de 2003 as reservas mundiais de petróleo ascendían a 157.000 millóns de toneladas equivalentes a 1,15 millóns de barriles.

Sen embargo o límite das reservas podría estar máis cerca se se ten en conta os modelos de previsión cun consumo crecente.Os novos descubrimentos de xacementos reducironse drásticamente nas últimas décadas facendo insostible os niveles de extracción actuales durante moito máis tempo.


-Gas natural:A AIE estima en 921 billóns de m3 a cifra de recursos de gas non convencional existenetes no mundo.

As principais reservas atopanse nos países de Oriente Medio seguidos por algúns países de Europa do este e antiguos países da Unión Soviética.Cas reservas calculadas do ano 2007 calculase unha reservas para 62 anos.



 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.