Efectos da Contaminación Atmosférica

 


A contaminación do aire converteuse no maior risco de saúde ambiental en todo o planeta, provocando ao redor de 7 millóns de mortes ao ano -case unha de cada oito mortes-, segundo informou a Organización Mundial da saúde (OMS).

Determinan que a contaminación ambiental, xa sexa dentro do fogar (con estufas de madeira ou carbón, por exemplo) ou fóra do fogar (como o tráfico), provoca máis mortes que o tabaco, as mortes na estrada ou a diabetes, todas xuntas.

Os últimos datos cos que contaba a OMS, que databan de 2008, indicaban unha cifra de 3,5 millóns de persoas falecidas por algún motivo relacionado coa contaminación ambiental, cifra que é exactamente a metade da revelada agora.

E é un problema que afecta a todos, tanto a países en desenvolvemento como desenvolvidos. Pero telas xa é un primeiro paso positivo, porque nos dá o coñecemento para poder actuar e resolver o problema”, comenta María Neira, directora do departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da OMS.

Segundo a OMS os grupos máis vulnerables da sociedade son as mulleres, os nenos e os anciáns, e afecta, sobre todo, ás poboacións de países con ingresos baixos e medios como o Sueste Asiático, o Pacífico Occidental ou África.

FONTE: http://www.muyinteresante.es/innovacion/medio-ambiente/articulo/la-contaminacion-provoca-7-millones-de-muertes-al-ano-731395827385

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.