Que recordos se reteñen na memoria?

Co fin de revelar por que só se recordan certos detalles dentro das dúas horas posteriores a un suceso e como, un equipo de científicos do Instituto Salk, en San Diego, diseñou un programa informático capaz de recoller os detalles que suceden nun período de tempo de entre unha e dúas horas.
Ante un evento ocasional, só recordamos certos detalles, pois as células do cerebro fabrican rápidamente certas proteínas para crear novos recordos.  Os recordos retéñense unicamente cando unha nova experiencia volve activar as mesmas neuronas que xa fora excitadas por un suceso anterior similar. Ademáis a posición destas proteínas en neuronas específicas predi que recordos se van reter.
Esta información permitiulle aos investigadores crear unha función matemática que determina se un recordo se grabará ou non. Estes avances poden ser útiles en trastornos como o párkinson ou o alzhéimer.

http://actualidad.rt.com/ciencias/view/126000-modelo-computacional-retener-recuerdos-memoria

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta