A NASA consegue unha imaxe do sistema de aneis de Urano

O telescopio Hubble da NASA logrou unha imaxe moi difícil de fotografar: o sistema de aneis do planeta Urano.

A complexidade de captar o sistema de aneis do terceiro planeta máis grande do noso sistema solar vén dada porque estes son moi escuros e débiles, non como a estrutura de aneis de Saturno, moito máis coñecida e sinxela de inmortalizar.

O sistema de aneis de Urano foi descuberto en 1977 pero, segundo os datos rexistrados hai máis de dous séculos, o coñecido astrónomo e descubridor deste planeta, William Herschel, tamén anunciou a presenza de aneis en Urano.

De calquera forma, o enigma deste escuro e débil sistema de aneis segue tendo moitas frontes abertas. Sábese que o sistema está formado por 13 aneis distintos cuxos radios oscilan entre os 38.000 e os 98.000 quilómetros. Ademais, os científicos cren que o sistema de aneis de Urano pode ter apenas uns 600 millóns de anos e estar composto por xeo de auga xunto a algúns compostos orgánicos.

Fonte: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta