O PLANETA DIAMANTE: 55 CANCRI E

Este curioso planeta descuberto no ano 2004 pola universidades de Yale é un dos planetas máis extraños coñecidos ata o momento, xa que mais que de un planeta,trátase de un diamante gigante.

Recibiu o nome de 55 Cancri E debido á súa locación na constelación de Cáncer, a 41 anos luz da Terra. A súa masa é 8 veces superior á da Terra e orbita ao redor duna estrela parecida ó Sol a velocidades vertixinosas, polo que a duración dun ano en 55 Cancri E é de tan só 18 horas.

O planeta está formado principalmente por carbono, que crea unha superficie moi densa. A proximidade á estrela entorno á cal órbita provoca unha serie de reaccións químicas favorecidas pola calor (1.648 ºC) o cal causa a cristalización do carbono e polo tanto a formación do diamante. Tras unha serie de comprobacións e cálculos os científicos creen que, en total, o 1/3 da súa masa esta formado por diamante, iso sería equivalente a varios diamantes do tamaño da Terra.


Fontes de información:

http://www.ojocientifico.com/2011/08/26/descubren-un-planeta-compuesto-por-diamante

http://www.taringa.net/posts/ciencia-educacion/17207110/10-cosas-que-no-sabias-que-existian-en-el-Espacio.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta