A contaminación atmosférica provoca 7 millóns de mortes ao ano

A contaminación atmosférica converteuse no maior risco de saúde ambiental en todo o planeta, provocando ao redor de 7 millóns de mortes ao ano. Estas novas cifras, correspondentes ás estatísticas de mortalidade mundial en 2012, duplican anteriores estimacións e determinan que a contaminación ambiental, xa sexa dentro do fogar ou fóra do fogar, provoca máis mortes que o tabaco, as mortes na estrada ou a diabetes xuntas.

Os últimos datos cos que contaba a OMS, que databan de 2008, indicaban unha cifra de 3,5 millóns de persoas falecidas por algún motivo relacionado coa contaminación ambiental, cifra que é exactamente a metade da revelada agora.

É un problema que afecta a todos, tanto a países en desenvolvemento como desenvolvidos. Os datos estudados dunha forma máis precisa son que 3,7 millóns de persoas morreron por factores ambientais externos e o resto, uns 4,3 millóns, débense á polución do interior dos fogares. As consecuencias foron mortes relacionadas con cardiopatía isquémica, ictus, enfermidade pulmonar obstructiva crónica,  cancro de pulmón e infeccións respiratorias graves. Segundo a OMS os grupos máis vulnerables da sociedade son as mulleres, os nenos e os anciáns, e afecta, sobre todo, ás poboacións de países con ingresos baixos e medios como o Sueste Asiático, o Pacífico Occidental ou África.

Fonte de información:

http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta