Aprender mentres durmimos é posible

Un estudo da Universidade de Lübeck( Alemaña) conseguiu confirmar a vella hipótese de que os seres humanos aprenden mentres dormen. Segundo o estudo, no que participaron 191 voluntarios, durante o sono o cerebro humano almacena no hipocampo os coñecementos adquiridos durante o día, o que lle permite lembralos a longo prazo.
Os participantes tiveron que aprender de memoria 40 pares de palabras e, noutro experimento, reter a posición de obxectos e animais e determinados cadros. Logo, unha parte do grupo foise a durmir e a outra non. Os investigadores anunciaron seguidamente á metade do grupo que se foi a durmir que serían sometidos a un test en 10 horas. Ao final todos os participantes foron sometidos ao test e, como se esperaba, aqueles que durmiran obtiveron mellores resultados, segundo informou a Universidade de Lübeck, na costa do mar Báltico.

 

Fontes: noticiadesalud.blogspot.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta