Novo proxecto para obter enerxía solar desde o espazo

Desde hai uns anos, Estados Unidos está a apostar forte pola enerxía solar.Pero os proxectos para aproveitar esta fonte limpa e inesgotable van aínda máis lonxe. Até máis aló da Terra.

Porque como desvelou recentemente nunha nota de prensa, a mariña norteamericana está a desenvolver o concepto dunha xigantesca instalación –tan grande como nove campos de fútbol– que orbitaría no espazo.

Os enxeñeiros do Laboratorio de Investigación Naval (NRL, polas súas siglas en inglés )  xa deseñaron un módulo con tres partes diferenciadas: un panel fotovoltaico, un dispositivo electrónico que converte a enerxía en radiofrecuencia e unha antena que a dirixe aos receptores da Terra.

O prototipo mesmo xa foi probado en condicións similares ás que reinan fóra da nosa atmosfera. O plan prevé ensamblar con robots tanto os módulos como o anel de reflectores que concentraría os raios solares neles.

En principio, o obxectivo é abastecer de enerxía calquera lugar do planeta, por remoto que sexa.Actualmente, o transporte de fuel ou xeradores eléctricos a eses emprazamentos é complexo, caro e perigoso.

FONTE: http://www.muyinteresante.es/innovacion/medio-ambiente/articulo/nuevo-proyecto-para-obtener-energia-solar-desde-el-espacio-361395659127

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta