A diferencia da Antártida

Todos sabemos que, a Antártida, é unha das zonas da Terra onde o cambio climático é máis notable, xa que o terrreo se está a elevar debido á disminución do peso dos glaciares. Investigadores británicos publicaron recentemente un estudo acerca deste fenómeno, no cal se indica a súa relevancia: non pensan que sexa só un efecto máis do cambio climático. Segundo os datos que recolleron, a elevación do terrreo antártico sería neste momento de 15 mm ao ano,o cal é un dato alarmante tendo en conta que o efecto rebote que leva a cabo a codia (e polo que esta se eleva) leva, normalmente, miles de anos.

Os expertos, chegaron á conclusión tras diversas investigacións, de que o manto superior da Terra baixo a península Antártica é moito máis fluído que no resto do planeta, polo que un cambio no peso da supercie, tería moita máis repercusión visualmente.

Tras a publicación destes datos, xorden moitas outras cuestións, como en que se diferencia a formación da terra  nese punto e se pasa noutros lugares do planeta e, ademais, axuda a comprender mellor como funciona o mecanismo do manto que fai mover os continentes, cousa que, na actualidade, aínda non se sabe con certeza.

FONTES: elpais.com

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Cambio climático, CCMC, Cousas interesantes, Xeoloxía. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta