A mosca mortal tsé-tsé quédase sen segredos.

Un grupo de científicos de todo o mundo logra secuenciar o xenoma completo desta mosca, a causante da enfermidade do sono.

A mosca tsé-tsé que causa tripanosomiasis (enfermidade do sono) nos seres humanos e a súa equivalente no ganado a mosca nagana son hoxe menos peligrosas debido a que un grupo de científicos lograron secuenciar o xenoma completo desta mortal mosca, a tsé-tsé. Este logro permitiralle aos investigadores coñecer mellor este mortal insecto chupador de sangue e afondar nas súas caracteristicas xenéticas e biolóxicas o que permitirá combatir esta enfermidade.

Esta mosca é un tanto peculiar xa que é a única no mundo que se alimenta exclusivamente do sangue dos seres humanos e dos animais, da a luz as súas crías vivas e engorda os embrións en desarrollo con unha mezcla de proteínas similar o leite dos mamíferos.

Esta mosca tan peculiar é moi perigosa debido a que con unha soa picadura pode transmitir a enfermidade do sono, para que ainda non hai unha vacina. Calcúlase que uns 70 millóns de personas en África corren o risco de sufrir tripanosomiasis. Combatir a mosca tsé-tsé foi durante moito tempo unha das maiores prioridades da saúde.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20140424/abci-mortal-mosca-queda-secretos-201404241803.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.