Outro xeito de acender unha vela

 

Todos nós, cando queremos volver a acender unha vela que acaba de apagarse, collemos un misto ou un chisqueiro e o aproximamos á mecha. Pero esta, non é a única forma de conseguir unha chama:

Ao acender unha mecha, a calor evaporar á cera da vela, que é un tipo de parafina. A parafina no é un material en si, se non un conxunto de hidrocarburos con esta fórmula química: C20H42. Os hidrocarburos son inflamables, dependendo das condicións nas que se atopen e, no caso das velas, estas condicións dánse cando se encontran en forma de gas e nunha concentración o suficientemente alta como para reaccionar co O2.

Por iso, se consigues un rastro o suficientemente uniforme e concentrado, ao chegar a chama a este, o gasprenderá e o lume propagarase de novo ata a mecha, rodeada por unha concentración maior de vapor de parafina que acenderá a vela.

Para poder levar a cabo este proceso, precísanse acender antes a vela durante polo menos cinco segundos e despis apagala e realizar o experimento co fume que sala. Podes ver unha demostración do explicado neste post aquí.

FONTES: cienciadesofa.com  , comohacer.eu , experimentoscaseros.info , ojodigital.com (fotografía) .
Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes, Física e Química 1º Bac. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta