Descobren os fósiles do dinosauro máis grande do mundo

Tras o recente descubrimento do curioso ”Pinocho Rex”, agora un equipo de paleontólogos de Arxentina sorprendeu co anuncio da aparición dos restos fósiles da criatura máis grande que camiñou sobre a face da Terra.

Os restos, localizados no deserto, moi preto da localidade arxentina de LaFlecha, foron atopados por un agricultor local por puro azar.

Desenterraron os esqueletos parciais de sete especímenes de dinosauros que se corresponden cunha nova especie de titanosaurio, enormes herbívoros que viviron na Terra durante o Cretácico Tardío.

Esta nova especie de dinosauro pesaría unhas 77 toneladas, sete máis que o anterior animal máis grande do mundo, isto é, o Argentinosaurus, e mediría uns 40 metros desde a cabeza até a punta da cola. De pé e co pescozo estirado, este dinosauro alcanzaría os 20 metros. Este dinosauro viviu nos bosques da Patagonia fai aproximadamente 100 millóns de anos, aínda non foi bautizado.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/

http://www.europapress.es/ciencia/ruinas-y-fosiles/noticia-presentan-pinocho-rex-tiranosaurio-hocico-largo-20140507122427.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Argentinosaurus

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta