Desxeo imparable

A situación é preocupante. A axencia espacial de EEUU, a NASA e a Universidade de California en Irvine (EEUU) descubriron que unha porción da Antártida Occidental encóntrase en fase de rápido desxeo, o que chaman “declive irreversible”, polo que os glaciares desta localización rematarán por derretirse sen remedio no mar.

Tras estudar o Mar de Amundsen na Antártida occidental, chegaron á conclusión de que estes glaciares aumentarán significativamente o nivel do mar, nunha proporción a nivel global de 1,2 metros. Estes glaciares están derreténdose moito máis rápido do que se esperaba,  producindo un aumento do nivel do mar nas décadas e séculos vindeiros.

As consecuencias deste aumento do nivel do mar nas comunidades costeiras ao longo do mundo poderían ser moi graves. Segundo os expertos, os glaciares encóntranse nunha situación de reacción en cadea imparable, polo que o desxeo completo podería suceder, no peor dos casos nuns 200 anos e, no mellor dos casos, nuns 1.000 anos.

O estudo, que será publicado na revista Geophysical Research Letters, explica que o colapso deste sector da Antártida parece ser imparable e que, probablemente, sexa debido a un aumento da temperatura do océano debaixo das seccións flotantes dos glaciares, o que provocará que o xeo se funda aínda máis rapidamente.

FUENTE: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, A Terra e a Lúa, Cambio climático, CCMC, Hidrosfera, Riscos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta