Por que bostezamos?

Un bostezo é unha acción incontrolada de abrir a apertura da boca, cunha separación moi ampla das mandíbulas, para realizar unha inhalación profunda, seguida dunha espiración de algo menos do inhalado, con peche final da boca.

Esta acción, que a miúdo vai acompañada co peche os ollos, estirar a cabeza cara atrás e desperezarse, foi estudada por diferentes institucións e universidades.

Baséase na necesidade do corpo humano para obter osíxeno e eliminar a acumulación de dióxido de carbono. É dicir, cando nos falta osíxeno (sen chegar a extremos como o afogo ou a asfixia), o noso corpo tenta atopalo cunha gran bocanada de aire.

Esta teoría atribúese ao cansazo, a tensión, o exceso de traballo e o aburrimento, o poder de facernos bostezar.

Por que é contaxioso bostezar?

Non existe un consenso científico nin médico. Opinións diferentes indican que pode ser un acto psicolóxico de empatía coa persoa que vemos bostezar, para sincronizar os ciclos do sono, como un reflexo para que non nos quiten o osíxeno do medio, entre outras opinións.

Fontes de información:

http://www.nationalgeographic.es/noticias/ciencia/salud-y-cuerpo-humano/por-que-bostezamos

http://www.nationalgeographic.es/noticias/ciencia/salud-y-cuerpo-humano/bostezos-por-empatia

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.