Aneis que converten nosas mans en mandos

 

A última innovación na tecnoloxía biométrica, que pretende coverter o noso corpo nun mando, son os aneis intelixentes que serven de dispositivo de notificación e de control, é dicir, son capaces de interpretar un sinfín de xestos feitos coas nosas mans e transmitilos como comandos a calquer dispositivo con Bluetooth.

O anel Fin, de RHL Vision, introdúcese no pulgar e converte a man nun controlador inalámbrico, grazas a un diminuto sensor óptico que detecta os movementos e permite baixar o volumen do televisor ou cambiar de canción no reproductor de música do noso smartphone cun simple xesto, facendo máis sinxelo e intuitivo o manexo da tecnoloxía.

O anel Ring, de Logbar, ven equipado con sensores de movemento, un sensor de contacto, un chip Bluetooth, LEDs e unha almofada de vibración. Este accesorio detecta escritura e formas, polo que o usuario pode iniciar aplicacións debuxando un simple símbolo no aire.

Este novo invento está tendo unha gran acollida, polo que pronto comezarán a verse nas rúas.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/innovacion/tecno/articulo/anillos-inteligentes-que-convierten-nuestra-mano-en-un-mando-671394106164

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta