Novo composto para fabricar papel impermeable

Oriol Cusola, un xoven investigador catalán patentou unha substancia que permite modificar as propiedades de produtos de celulosa como o papel ou o cartón, facéndoos impermeables.

Esta substancia, ademais de ofrecer moitas posibilidades ás empresas papeleiras, non implica ningún custo millionario, xa que non hai que parar a producción industrial para aplicar o produto (o maior problema que tiñan as empresas que apostaban pola biotecnoloxía ata o momento).

Unha vez fabricado o papel, aplícase a substancia líquida na súa superficie e, de forma inmediata, esté vólvese impermeable, sen perder a capacidade de ser escrito ou impreso.

O seu creador explica que este composto está elaborado a partir de productos naturais e encimas, polo que ao non utilizar químicos, a súa reciclaxe é máis doada e contribúe co medioambiente.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/innovacion/tecno/articulo/nuevo-compuesto-para-fabricar-papel-impermeable-631394111614

http://www.elmundo.es/economia/2014/03/10/531d8ae1e2704ef3258b4572.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta