ANIMAIS INUSUAIS

ZORRO FÉNEC

O Zorro Fénec (Fennecus Zerda) é un pequeno mamífero que habita nos desertos do Sahara e Arabia. É un pequeno carnívoro que salienta polas súas grandes orellas, que poden chegar a medir 15 cm. Estas actúan como sistema de refrixeración e ventilación de sangue, para poder sobrevivir ás altas temperaturas do deserto. Habitan en pequenas comunidades cuxa actividade é maioritariamente nocturna.

AJOLOTE

O Ajolote (Ambystoma mexicanum) é un pequeno anfibio que habita en México. Trátase de un tipo de salamandra que conserva os seus rasgos larvales mesmo na idade adulta. Usualmente pasa toda a súa vida baixo a auga pero en casos extraños este madura e sae da auga. Poden chegar a medir 30cm pero o tamaño medio é de 15cm.

GECKO

O gecko ou Uroplatus phantasticus trátase dun pequeno reptil cunha curiosa cola  semellante a unha folla. Proveñen da illa de Madagascar e son uns expertos en mimetizarse co seu entorno para evita ós depredadores. Son nocturnos, aliméntanse de pequenos insectos e adoitan medir unha media de 15cm.

CANGREXO YETI

Tamén coñecido como Kiwa hirsuta, este crustáceo foi descuberto recentemente nas augas do Pacífico sur e é o primeiro membro cunha nova familia chamada Kiwidae. É un cangrexo de gran tamaño, branco e con sedas nas pinzas, polo que foi apodado como yeti. Nesas sedas habitan millóns de bacterias cuxa función aínda se está a investigar.

RÁ DORADA

Este rechamante anfibio, Incilius periglenes, xa é unha especie extinta. Vivía nos bosques de Costa Rica. Desapareceu a causa do cambio climático e quentamento global, entre otros factores. Tan só cegaba a medir 5cm de longo.

PINGÜINO ADELAIDA

Esta ave habita no conteninente Antártico, pesa ó redos de 4´5kg e mide 70cm. Aliméntase de pequenos seres acuáticos ós que poden chegar a buscar ata a  175m de profundidade. Tamén pode chegar a percorrer 300km na busca de comida.

PAXARO BOBO DE PATAS AZUIS

Prodece das costas de América do Sur e Central, concentrándose nas Galápagos. Estas aves, tal cual indica o nome, distínguense moi ben polo súa característica cor azul das patas. Os machos adoitan presumir delas para atraer ás femias.  Durante anoite anidan na terra, pero ó chegar o amencer todos alzan o voo na procura de peixes, que adoitan cazar en grupo.

 

Fontes de información:

www.nationalgeographic.es  www.animalescuriosos.com  www.wikipedia.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta