Crean un novo tipo de ADN sen base na natureza

Un equipo de investigadores do Instituto de Investigación Scripps de California (EEUU) logrou incorporar novas letras ao alfabeto xenético tras desenvolver unha bacteria cuxo ADN inclúe dúas bases artificiais que non existen de forma natural, creando así o primeiro organismo vivo semisintético. O estudo, publicado na revista Nature, explica que conseguiron que o organismo utilizado para as probas, a bacteria Escherichia coli replicara as súas células con relativa normalidade tras a modificación xenética. Para conseguir a replicación de ADN, os investigadores tiveron que proporcionar o par de bases (d5SICS e dNaM) á bacteria, de forma artificial, así como as moléculas que as transportan. Afortunadamente, o material xenético das células do novo organismo semisintético replicaba as células con certa velocidade e precisión, sen dificultar o seu crecemento nin mostrar signos de perder os seus pares de bases non naturais.

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/crean-un-nuevo-tipo-de-adn-sin-base-en-la-naturaleza-171399542756

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta