O colesterol bo reduce a expansión das células de cancro

É ben sabido por todos que o colesterol malo é un factor de risco para o infarto e outras enfermedades cardiovasculares. Pero agora descubriuse que tamén pode ser un dos causantes das metástases, que son réplicas de tumores noutros órganos que poden producirlle a morte ás persoas con cancro. Este feito foi descuberto por un equipo internacional de biólogos da Universidade de Barcelona.

Como xa dixen antes, o colesterol malo é un dos causantes principais de enfermedades do corazón. Isto é porque o colesterol non é soluble en sangue e polo tanto flota dentro del. Desta forma, atasca as arterias, impidindo que pase o sangue e provocando os problemas cardiovasculares. Mentres, o colesterol bo axuda a que non entre máis colesterol malo no sangue e elimina o que xa está.

Co cancro ocorre algo similar. E é que o colesterol malo axuda a transportar as células canceríxenas e que se propaguen por todo o corpo, mentres que o colesterol bo o que fai é expulsar do sangue estas células malas e impide que entren outras novas.

Fonte de información: Apartado de sociedade de “El País” 20/05/2014

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta