O noso cerebro, ¿será máis grande ou máis pequeno no futuro?

Moita xente cre que somos o pináculo da evolución do cerebro, pero estudos recentes suxiren que a evolución do cerebro humano continúa. Pénsase, por exemplo, que os xenes que regulan o crecemento do cerebro, seguen evolucionando baixo a selección natural dende fai pouco tempo. Ao parecer, estos xenes foron obxecto dunha forte selección natural dende que as ramas de chimpancés e humanos se dividiron. Outras proteínas que só se atopan nos seres humanos, suxiren que tamén tiveron que ver no crecemento do cerebro.

Durante outra investigación, atopouse o alelo favorecido do xen microencefalina, que se estima que apareceu hai uns 37.000 anos, que é o tempo aproximado da aparición da conducta simbólica en Europa.

E a pregunta, é: si a progresión evolutiva do cerebro continúa, ¿faráo na dirección dun cerebro máis grande? ¿por qué non seres humanos con dous kilos de cerebro, medio kilo máis do que posúen actualmente?

Libro ”El científico curioso”.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.