O Sol, unha fonte de relámpagos

Un equipo de investigadores do Departamento de Metereoloxía da Universidade de Reading, no Reino Unido, descubriron que as particulas moi enerxéticas que emanan das nosas estrelas poden estar relacionadas coa formación das tormentas na Terra e orixinar alguns dos relámpagos que observamos cando estes teñen lugar.

Nun artigo publicado na revista Enviromental Research Letters, estos cientificos indican que o numero de relámpagos e a súa magnitude aumentan notablemente despois de que o noso planeta é alcanzado polo vento solar. Así parece demostralo un detallado estudio da evolución das tormentas en Europa durante os 40 días que suceden a un destos fenómenos. O mecanísmo que o causa non está claro, polo tanto, e ainda que o campo magnético terrestre soe desviar as partículas cargadas, os expertos plantexan que, en certas ocasións, cando estas colisionan coa atmósfera, as propiedades eléctricas do aire vense alteradas dalgún modo.

“Sabemos que o Sol rota cada 27 días, polo que o noso planeta recibe un baño destas partículas con certa regularidade”, señala o profesor de Física Espacial e Atmosférica que coordinou a investigación. A evolución destas emanacións son estudiadas por distintos satélites. “Deste modo, esta información podría utilizarse para mellorar as predicóns atmosféricas, incluso a largo plazo”  indica este.

http://www.provincia.com.mx/el-sol-una-fuente-de-relampagos/

http://www.abc.es/ciencia/20140515/abci-tambien-provoca-relampagos-tierra-201405151245.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta