Que microorganismos poderían sobrevivir en Marte?

As arqueas metanógenas da Terra, uns microorganismos unicelulares que utilizan hidróxeno como fonte de enerxía e producen metano a partir de distintos procesos metabólicos, poderían sobrevivir no planeta vermello.

Estes microbios anaeróbicos que se atopan nos sedimentos de moitas zonas pantanosas, o rumen dos rumiantes e mesmo no noso tracto dixestivo, non necesitan osíxeno nin nutrientes orgánicos. Tampouco precisan levar a cabo algún tipo de fotosíntesis, polo que segundo un equipo de investigadores da Universidade de Arkansas, en EE. UU., serían capaces de prosperar baixo a superficie de Marte.

Para demostralo, estes científicos estudaron como se desenvolvían dúas especies, nunha contorna similar ao marciano, no que as temperaturas poden oscilar nun día entre os 27 ºC e os 90 ºC baixo cero. “Aínda que o frío máis intenso inhibiu o seu crecemento, ambas sobreviviron. Unha vez que as temperaturas foron máis tépedas, volveron levar a cabo os procesos metabólicos. A idea é comprobar se a longo prazo poderían adaptarse”, indica Rebecca Mickol, unha experta en Ciencias planetarias que participou no proxecto.

Fontes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Marte_(planeta)

http://www.astromia.com/solar/marte.htm

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.