Para que é bo comer piña?

Moitos estudos suxiren que o aumento do consumo de alimentos de orixe vexetal, como neste caso unha froita como a piña, diminúen o risco de obesidade e de mortalidade en xeral; tamén a diabetes, as enfermidades do corazón e promoven unha pel e un pelo sans, así como un aumento da enerxía.

Pero para que é boa concretamente a piña?

-Prevención da asma: Os riscos para o desenvolvemento de asma son máis baixos nas persoas que consomen unha gran cantidade de certos nutrientes, que se atopan en alimentos de orixe vexetal como a piña, o mango, a papaya ou as cenorias.

-Presión arterial: O aumento da inxesta de potasio polo consumo de froitas con alto contido en potasio, como a piña, pode axudar a baixar a presión arterial .

-Contra o cancro: Como unha fonte excelente de antioxidantes (vitamina C), as piñas poden axudar a combater a formación de radicais libres que poden producir cancro.

Fontes:

http://www.botanical-online.com/pina.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Ananas_comosus

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta