A comida picante axuda a vivir máis

Tal e como demostraron as últimas investigacións, o gusto pola capsaicina, o compoñente activo presente na pementa picante, a cayena, a mostaza de Dijon, o chile, o tabasco e a paprika, depende en gran medida da personalidade. De acordo cun novo estudo, inxerir este tipo de alimentos contribúe ao bloqueo da capacidade do corpo para sentir a dor e axuda a vivir máis tempo.

O equipo de científicos en cuestión logrou trazar un vínculo entre a percepción da dor e a mortalidade. Para iso, compararon o crecemento de ratos alterados xeneticamente que carecían dos receptores da dor TRPV1 co de ratos salvaxes. Os resultados mostraron que os primeiros non só vivían máis tempo, senón que o facían con maiores índices de saúde. Os ratos insensibles eran menos propensos a desenvolver cancro e perda de memoria, e o seu metabolismo e capacidade de procesar o azucre mantíñase estable a medida que envellecían. Estes datos suxiren que a inhibición dos receptores sensoriais encargados da transmisión da dor pode contrarrestar a deterioración metabólico asociado á idade e conducir a unha maior lonxevidade.

Aínda que o experimento baseouse en animais portadores dunha mutación xenética, os autores do traballo afirman que as conclusións son extrapolables ao ser humano.

Fonte: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta