A mellor foto dun exoplaneta

Trátase do planeta Beta Pictoris B, un planeta situado fóra do sistema solar, a uns 63,5anos luz da Terra. É un xigante de gas, cun tamaño máis grande que Júpiter e orbita ao redor dunha estrela similar ao noso Sol, na constelación de Pictor.

O exoplaneta é o pequeno punto de cor branca que se mostra na parte inferior dereita da imaxe e o círculo central que parece que vibra é a súa estrela. A fotografía foi tomada polo instrumento Gemini Planet Imager (GPI), que forma parte do telescopio de 8 metros Gemini Sur, situado en Cerro Pachón (Chile).

A importancia desta fotografía reside en que é a mellor conseguida ata agora de forma directa dun planeta fóra do sistema solar e serviu para redefinir o período orbital do planeta, que é de 20,5 anos. Trátase dun exoplaneta bastante novo: os expertos consideran que ten menos de 10 millóns de anos e a estrela que orbita, uns 12 millóns de anos.

FUENTE: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta