A NASA advirte do declive irreversible dunha zona da Antártida

A situación é preocupante. A axencia espacial de EEUU, a NASA e a Universidade de California en Irvine (EEUU) descubriron que unha porción da Antártida Occidental atópase en fase de rápido desxeo,o que chaman declive irreversible, polo que os glaciares desta localización acabarán derritiéndose sen remedio no mar.

A zona de estudo foi o sector do Mar de Amundsen na Antártida occidental e, segundo o autor principal do traballo, Eric Rignot, estes glaciares aumentarán significativamente o nivel do mar, nunha proporción a nivel global de 1,2 metros.

Segundo o experto, os glaciares están derritiéndose moito máis rápido do que se esperaba, polo que “este sector será un importante contribuínte ao aumento do nivel do mar nas décadas e séculos vindeiros”.

O estudo, que será publicado na revista Geophysical Research Letters, explica que o colapso deste sector da Antártida parece ser imparable. As consecuencias deste aumento no nivel do mar nas comunidades costeiras ao longo do mundo poderían ser moi graves e, segundo os expertos, o sistema atópase nunha situación de reacción en cadea imparable polo que o desxeo completo podería suceder, no peor dos casos nuns 200 anos e, no mellor dos casos,nuns 1.000 anos.

FONTE: http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/la-nasa-advierte-del-declive-irreversible-de-una-zona-de-la-antartida-711399970663

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta