Grafito

grafito é unha das formas alotrópicas nas que se pode presentar o carbono.

Na súa estrutura, o grafito conta con átomos de carbono que desenvolven un trío de ligazóns covalentes nun único plano, a un ángulo de cento vinte graos. Por iso, ten unha estrutura con forma de hexágono. É de cor negra con brillo metálico, refractario e se exfolia con facilidade. A diferenza do diamante, aínda que os dous están formados por carbono, o grafito é moi brando e o diamante é o mineral máis duro segundo a escala de Mohs.

Emprégase na fabricación de crisois refractarios para as industrias do aceiro, latón e bronce. Igualmente como lubricante mesturado con aceite. Mesturado con arxila fina forma as minas dos lapis. Emprégase tamén na fabricación de pintura para a protección de estruturas de aceiro, no vernizado de moldes e machos de fundición, para eléctrodos, escobillas de xeradores, en galvanotipia, para barras de illamento en centrais nucleares.

 

Fontes:

http://www.uned.es/cristamine/fichas/grafito/grafito.htm

http://definicion.de/grafito/

Cuestiones curiosas de química Alianza Editorial

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta