Novos materiais inspirados nas pinzas do camarón mantis

 

O camarón mantis, Gonodactylus smithii, golpea as súas vítimas con dous apéndices que emprega como se foran martelos.

De feito, este animal consegue con eles aceleracións superiores ós dunha bala do calibre 22, suficiente para resquebraixar as cunchas e caparazóns dos crustáceos e moluscos dos que se alimenta.

É máis, istos permanecen intactos tras miles de violentos encontronazos. Agora, un equipo de investigadores cre que é posible imitar a estrutura  destas armas naturais para mellorar a resistencia de todo tipo de obxectos, dende aeronaves a chalecos antibalas.

Nun ensaio publicado na revista Acta Biomaterialia, David Kisailus, profesor de Enxeñería na Universidade de California, en Riverside, explica que nunha zona da endocutícula dos citados apéndices, as fibras organízanse en capas dispostas en forma helicoidal.

En esencia, funcionan como un sistema de absorción de impactos. Para comprobalo, os científicos construiron distintos modelos realizados en fibra de carbono e resina epoxi e os someteron a distintas probas. Deste modo, averiguaron que os que seguían o deseño natural dos camaróns mantis resistían mellor os golpes e compresións que incluso os que solen empregar na industria aeroespacial.

http://www.muyinteresante.es/innovacion/tecno/articulo/nuevos-materiales-inspirados-en-las-pinzas-del-camaron-mantis-801398412209

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.