O diamante

O diamante é un carbón cristalino natural que se caracteriza por ser o mineral máis duro coñecido; provén das profundidades da terra (máis de 140 quilómetros), onde as presións e temperaturas fan posible a formación de cristais a partir do carbón. Debido á actividade volcánica, os diamantes afloran máis preto da superficie, onde poden ser colleitados como na actividade mineira.

A súa estructura caracterízase por ter un átomo de carbono que ocupa o centro dun tetraedro imaxinario cuxos vértices están ocupados tamén por átomos de carbono. O tetraedro, definido polas liñas que unen os centros dos átomos de carbono, é denominado tetraedro de coordinación. Sería a seguinte estructura:


Cando esta pedra preciosa é máis ben transparente e non presenta fallas na súa estrutura, tórnase moi valiosa, pola súa escacez relativa e o aprecio subxectivo que facemos desta pedra nas sociedades.


O aprecio desta pedra vén desde moi cedo na historia do home . Desde o século XIX popularizouse no mundo como xoia.
O negocio dos diamantes hoxe en día é un asunto billonario, polo que se deron todos os problemas asociados de algo tan lucrativo (explotación indiscriminada de recursos, abusos, enfrontamentos, etc…). Practicamente a metade dos diamantes proveñen do Sur de África

Non só ten usos decorativos, senón que na industria tamén son moi apreciados grazas as características que posúe.

Fontes de información:

http://www.diamantes-infos.com/diamante-tallado/caracteristica-diamante.html

-Libro “Curiosidades de la química”

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta