Reescriben o alfabeto da vida.

Científicos do Instituto Scripps (EE.UU.) crean o primeiro organismo vivo con tres pares de bases de ADN en lugar das dúas naturais.

Que é o alfabeto xenético?

Como xa sabemos a vida ten o seu propio alfabeto xenético que se escribe combinando as “letras” A-T/C-G. Estas definen a función das proteinas e os xenes. Non hai dúas persoas co mesmo alfabeto xenético.

Agora, por primeira vez, científicos do Instituto de Investigación Scripps de California reescribírono engadindo un par de “letras” adicionales que non se atopan na natureza.

Este novo par de letras casi imposibles de recordar foron bautizadas como d5SICSTP-dNaMPT. Unha vez xeradas incorporáronse a unha pequena parte do xenoma dunha bacteria e esta aceptouno sen problemas e sen recoñecelo como unha anomalía. Esta bacteria con seis “letras” no seu código xenético funcionou con normalidade. así demostraron os investigadores que se podía ampliar o alfabeto da vida.

Este é un gran avance para a ciencia, pois poderianse crear medicamentos máis potentes, como asegura o director da investigación Floyd Romesberg. Outra cousa que se podería facer sería a creación no laboratorio de novos seres vivos con xenomas á carta.

O laboratorio de Romesberg levaba máis de dúas décadas perseguindo o obxectivo ata que ó final o conseguiron cunha bacteria que se atopa no noso organismo, a «E. coli».

Outro dos científicos participadores neste proxecto fantasea con que nun futuro se poderá chegar á creación dun mundo paralelo. Sin embargo deixa claro que ainda queda moito para que vexamos os resultados desa parte da bioloxía sintética que xa empeza a chamarse xenobioloxía.

 

http://www.abc.es/ciencia/

http://www.nature.com/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta