Un nanochip que detecta cancro en fase inicial

+

E se puidese diagnosticarse un tumor cando este está nas súas fases temperás cando apenas afecta a unhas poucas células? Un equipo de científicos do Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) logrou crear un diminuto chip que detecta marcadores de proteínas de cancro no sangue.

Este descubrimento evitará ter que esperar a que o tumor sexa detectable a nivel macroscópico (cando xa está formado por millóns de células cancerosas), que é a fórmula xeral pola que se detectan a maioría dos cancros actuais.

O funcionamento deste nanochip que mide apenas uns centímetros cadrados, é sinxelo: o dispositivo ten a capacidade de detectar concentracións moi baixas destas proteínas de cancro no sangue, polo que permite o diagnóstico da enfermidade nunha etapa precoz, o cal pode supor un gran avance para un tratamento máis adecuado e cedo desta enfermidade, non só pola súa fiabilidade, sensibilidade e baixo custo, senón tamén ao seu manexo e portabilidad. O dispositivo lab-on-a-chip contén ademais varios sensores distribuídos nunha rede de microcanales de fluídos, que permite levar a cabo múltiples análise: monitorea calquera cambio que se produza no sangue, proporcionando unha avaliación directa e fidedigna do risco do paciente a desenvolver un determinado cancro.

Fontes:

http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-nanochip-detecta-cancer-en-etapas-tempranas

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta