Un novo elemento na Táboa Periódica: o Ununseptio

Un equipo de investigadores de catro continentes distintos, sintetizaron definitivamente o Ununseptio (Uus), que tras ser sintetizado por segunda vez, ingresa por fin na táboa periódica no posto 117.

Este elemento é o segundo máis pesado coñecido. O Ununseptio, foi sintetizado por primeira vez no ano 2010 por un grupo de cientificos  rusos e estadounidenses do Joint Institute for Nuclear Research de Dubna e do  Oak Ridge National Laboratory de Tennessee. Conseguiron este elemento de 117  protóns ao faceren colisionar isótopos de calcio-48 ccontra outros de berkelio-249. Ademáis, durante o  experimento, descubriuse un novo isótopo, o Laurencio-266.

O resultado deste novo logro de varios átomos de Ununseptio foi publicado na revista  Physics Review Letters e, segundo os científicos, isto supón un gran descubrimento na investigacion de elementos superpesados, xa que estos son altamente inestables e requiren xenerar unha minuciosa cadena de decaimento alfa ou desintegracion de isótoposen sete pasos, seguidos pola fisión espontánea do recén descuberto Laurencio-266.

Considerase este descubrimento como o segundo elemento máis pesado, xa que  en primeira posición de elementos máis pesados da táboa periódica atópase o ununoctio, con 118 protóns. Ambos elementos son moi inestables.

Fontes:

http://www.cubadebate.cu/noticias/2014/05/06/tabla-periodica-cuenta-con-un-nuevo-elemento/#.U2-jy4F_uvQ

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/confirman-un-nuevo-elemento-de-la-tabla-periodica-el-ununseptio-451399379827

http://www.abc.es/ciencia/20140505/abci-ununseptio-tabla-periodica-201405051307.html

http://noticias.universia.es/ciencia-nn-tt/noticia/2014/05/07/1096106/ununseptio-nuevo-elemento-tabla-periodica.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Física e Química 1º Bac. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta