Atopan na Ría de Arousa unha especie descoñecida de verme plano

O Grupo de Estudo do Medio Mariño (EGMM) descubriu na Ría de Arousa una nova especie de verme plano. Trátase dun espécimen duns tres centímetros e de cor amarela. Este descubrimento foi publicado pola revista científica “Zookeys”.

O animal descuberto, tamén chamado planaria, foi atopado nas inmediacións do clube náutico de Ribeira e foi bautizado co nome de eurylepodes galikias. Este descubrimento forma parte dunha investigación na que se atoparon nove novas planarias, algunas descoñecidas nas rías e outras descoñecidas en toda a costa atlántica peninsular.

O equipo encargado do deescubrimento é unha asociación sen ánimo de lucro composta por biólogos, ecólogos, mergulladores e apaixoados do mar que se dedica ao estudo e conservación da fauna mariña, e que leva anos dedicada ao labor de conservar, catalogar e dar a coñecer a fauna mariña das rías galegas.

Fonte de información: Apartado de sociedade de “La Voz de Galicia” 29/04/2014

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta