Comeza o periodo das catro lúas de sangue

Se non tiveches a oportunidade de ver o eclipse do martes 15 de abril en vivo e a todo color terás a oportunidade de velo dentro de 5 meses e claro, nel tamén se verá a lúa vermella.

O eclipse do martes 15 de abril marcou unha tétrada de eclipses:

Haberá 4 eclipses lunares, un cada seis meses e o último será o día 28 de setembro de 2015. Este feito non acontecía dende fai 10 anos e non volverá ocorrer ata 2032.

O que o fai máis interesante é que estes eclipses veñen acompañados dun tono vermello, é dicir, serán días de lúa vermella ou lúa de sangue. Esa cor prodúcese debido a que a atmosfera da Terra, que actúa como unha lente, desvía a luz do Sol e absorbe só as cores azuis dos raios solares e deixa pasar a luz vermella que é reflexada pola Lúa.

Fonte:

http://www.planetacurioso.com/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta