Descobren unha nova medusa de cor violeta

Unha medusa con tentáculos dun metro de longo, unha enorme umbrela, que é o nome que recibe a parte superior da medusa e dunha cor violeta que non pasa inadvertida foi descuberta na costa de Queensland, ao nordeste de Australia.

Pero cando se fixo público o achado, empezaron a xurdir testemuños de avistamentos noutras praias australianas, algúns con foto, que se remontan ao ano 2008.

Os miles de bocas microscópicas das súas extremidades, coas que se alimenta de plancto, e outros detalles da súa anatomía emparentan ao monstro violeta co xénero Thysanostoma. Con todo, todos os exemplares de Thysanostoma que colonizan as augas australianas son moito máis pequenos e dunha tonalidade beis. Seguramente nos achamos ante unha especie descoñecida que empezou a proliferar máis rápido ou se desprazou desde outro lugar por algún cambio nos hábitats do océano Pacífico.

Fontes:

http://www.muyinteresante.es/

http://parasitipedia.net/index.php?option=com_content&view=article&id=203&Itemid=290

http://www.actualidadraruna.com/2014/05/descubierta-una-nueva-medusa-gigante-de.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta