Descubrimento dun novo asteroide perigoso para a Terra

Astrónomos descubriron, coa axuda do Observatorio Europeo Austral para o rastrexo de asteroides próximos á Terra (SONEAR Observatory), un novo asteroide que se incluirá na categoría de potencialmente perigosos para a Terra. Segundo explica o Planetario de Madrid, o Minor Planet Center da Unión Astronómica Internacional (IAU) emitiu un comunicado anunciando o descubrimento e asignándolle o nome 2014 KP4 ao obxecto.

Ademais, advirte de que é potencialmente perigoso xa que pode achegarse a menos de 0,05 UA (uns 7,5 millóns de quilómetros) da Terra e ten un tamaño de máis de 100 metros. O pasado 11 de maio tivo un encontro próximo co planeta, segundo sinalaron os expertos.

2014 KP4 é un asteroide de tipo Apolo, unha clase de obxectos que se caracterizan por ter o semieixe maior que o da Terra e cuxo perihelio -o punto máis próximo ao Sol na súa órbita- é menor que o afelio -o punto máis afastado do Sol na súa órbita- da Terra. Trátase dun do tres grupos de asteroides que están próximos á Terra.

watch?feature=player_detailpage&v=HKbSpcnvbYs

Fontes: La Voz de Galicia

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta