Dragon V2, o taxi espacial

A compañía estadounidense Space Exploration Technologies, máis coñecida como SpaceX, presentou a segunda versión, moito máis moderna e funcional, do posible taxi espacial da NASA para enviar astronautas á Estación Espacial Internacional (ISS).

Grazas a este taxi espacial, a NASA podería eliminar a forma na que os astronautas chegan a terra firme, xa que estes poderían aterrar en calquera lugar da Terra cunha precisión similar á dun helicóptero e con total seguridade. Dragon V2 foi deseñado para albergar unha tripulación de até sete astronautas, e o seu lanzamento produciríase grazas ao foguete SpaceX Falcon 9.

A NASA, pola súa banda, estudará este e outros modelos de taxis espaciais con obxecto de comezar as probas no verán e formalizar o goloso contrato de 1.600 millóns de dólares para levar a cabo un total de 12 misións de reabastecimiento da estación coa nave espacial seleccionada.

Fontes:

http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/30/53883faf22601dbc198b4573.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta