Existe un “Triángulo das Bermudas” no espazo?

Certamente así é. A zona está situada na órbita da Terra xusto por encima de Brasil, onde os astronautas que viaxaban á Estación Espacial Internacional (ISS) xa denunciaran o mal funcionamento dalgúns aparellos ao pasar por esta zona concreta.

Grazas á investigación dun equipo de expertos do Instituto Nacional de Astrofísica de Bolonia (Italia) conseguiu descubrirse a orixe deste “triángulo das Bermudas” espacial: todo é produto dunha anomalía magnética no Atlántico Sur que provoca irregularidades no funcionamento de telescopios, satélites e computadores das naves espaciais.

Que provoca esta anomalía magnética? Unha anormalidade do Cinto de Van Allen, un anel de radiación solar situado entre os 1.000 e os 6.000 quilómetros por encima da superficie da Terra. Debido a que o campo magnético da Terra non é uniforme, a radiación espacial pode penetrar preto da superficie, provocando estes fenómenos.

Fontes:

www.europapress.es/

www.eleconomista.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta