O cambio climático provoca a emigración dos insectos

En Europa cada vez é máis difícil ver bolboretas ou libélulas de cores oscuros. De feito, estes insectos están sendo desprazados por outros de tons máis claros, capaces de lidiar mellor cos efectos do cambio climático.

Esa é a conclusión á que chegaron un equipo de investigadores das universidades de Copenhague, Marburgo e do Imperial College de Londres, que observaron como as especies que lucen unha coloración máis intensa estanse movendo cara o norte e as rexións máis frías, como os Alpes e os Balcanes, o mesmo tempo que Europa aumenta as súas temperaturas.

Segundo se indica nun ensaio publicado en “Nature Communications”, un bo número de libélulas características do Mediterráneo como a escarlata Crocothemis erythraea, ou a Coenagrion scitulumya poden encontrarse en Alemania. De feito, esta última foi avistada en Inglaterra por primeira vez nos últimos 50 anos.

A cor de estos animais está estreitamente relacionada co modo no que absorben enerxía solar e xoga un papel clave na regulación da temperatura corporal do seu organismo.

Precisamente, os de cores máis claros beneficianse de que estos deixen reflectir a luz máis doadamente, un fenómeno que nas rexiones cálidas sirve para evitar sobrequentarse e permanecer activos durante máis tiempo.

www.muyinteresante.com

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Cambio climático, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta