Por que as follas dos libros son amarelas co tempo?

Os libros vellos teñen  as follas amareladas e escurecidas polo tempo, cun ton característico.
De feito non fai falta que sexan moi vellos para que este escurecemento se aprecie, uns cuantos anos son suficientes.

Pero, por que ocorre isto?

O papel está feito de fibras de orixe vexetal que se compoñen principalmente de celulosa branca. Aínda que tamén de lignina, un polímero de cor escura que forma parte das paredes celulares e que, por iso, ten unha considerable presenza no papel.Ao exporse a lignina ao aire e á luz do sol, oxídase, e adquire un ton máis escuro que amarelea o papel.

Diferentes procesos químicos eliminan a lignina da pasta de papel, pero encarecen a súa produción. Por iso, os papeis de maior calidade levan menos lignina e é máis difícil que sexan amarelas ao pasar os anos.A súa fabricación sería así.

 

Fontes de información:

http://sobrecuriosidades.com/2012/04/09/por-que-el-papel-antiguo-es-amarillo/

http://cienciaes.com/ciencianuestra/2010/02/28/papel-amarillea/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta