Unha restricción de calorías na dieta reduce as metástases no cancro de mama

Un novo estudo da Universidad Thomas Jefferson (EEUU) avala que unha dieta hipocalórica pode axudar a controlar o cancro, sendo pola contra, os kilos de máis, a obesidade,  unha axuda para a para la metástase.

Unha metástase é o proceso de propagación dun foco canceroso a un órgano distinto daquel no que se iniciou.

Según o traballo, publicado na revista Breast Cancer Research and Treatment, os investigadores realizaron un experimento con ratóns de laboratorio modificados xenéticamente para padecer un dos tumores de mama que crece máis rápido. Os ratóns, foron alimentados de forma restrictiva , cun 30% menos de calorías, descubrindo que aa dieta hipocalórica proporcionaba protección aos ratóns da metástase deste cancro tan agresivo.

Da mesma maneira, cando os ratóns foron alimentados sen límite de calorías, xa que estes podían comer todo o que lles apetecía, os investigadores descubriron que a extensión da metástase aumentaba considerablemente.

Polo tanto, reducir a inxesta de calorías, dentro dun control médico podería contribuir a loita contra o cancro de mama, sendo esta investigación liderada por Nicole Simone, unha axuda para o que nun futuro poderían ser fármacos diseñados específicamente para loitar contra este tipo de cancro.

http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/24863696

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta