A auga quente conxélase antes que a fría

Se se poñen no conxelador dous recipientes destapados, un con auga quente e outro con auga fría, pódese observar que sorprendentemente conxélase antes o de auga quente. Cal é o motivo?

A auga inicialmente quente esta suxeita a unha maior evaporación e isto acelera o seu enfriamento(para evaporarse, cada gramo de auga consome unhas 540 calorias), e reduce a cantidade de líquido presente. Así, en dous recipientes convérxese ata condicións de igual temperatura. Cando esta xa se alcanzou, xearase un pouco antes o líquido cuxa cantidade fora reducida, é dicir, o que inicialmente estaba máis quente. O mecanismo non sempre funciona, porque entran en xogo outros factores, como pode comprenderse fácilmente. Non obstante, se se traballa ao aire libre nunha noite moi fria incluso pode valer a pena apostar.

Libro; Por qué sucede lo que sucede. Andrea Frova

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.