As maniotas

 

Fago este post para falsar unha das lendas científicas que corren pólo mundo. Seguro que algunha vez sentiches esta incómoda dor que durante dous ou incluso tres dias poden estar molestándonos. Esta dor aparece cando facemos un esforzo que non estamos acostumados a facer. Durante moito tempo pensouse  que esta dor estaba producida polo ácido láctico que cristalizaba nos músculos e daba como resultado as maniotas. Pero esta teoria é completamente falsa xa que hai xente que carece deste composto no seu corpo (enfermidade de McArdle) pero que, sen embargo, segue a sentir esta incómoda dor

Aínda que non se saiba completamente, a opción máis axeitada é a de que as maniotas estean producidas por pequenas microroturas musculares que curan co paso dos días.

fontes de información:

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta