Un equipo de expertos do Instituto Nacional de Investigación sobre a Auga e a Atmósfera de Nova Zelanda (NIWA) descubriu en augas próximas a este país unha criatura mariña microscópica que se cría extinta dende fai millóns de anos.
Trátase dun pólipo tentaculado coñecido como protulophila que forma colonias no interior de algúns vermes de mar. No último indicio sobre a existencia destos organismos, que aparecen por primeira vez no rexistro fósil fai 170 millóns de anos no que hoxe é Europa e Oriente Medio, atopouse nunhas rochas de 4 millóns de anos.
Non obstante, os investigadores deron ca pista deles nunhas mostras obtidas en Nova Zelanda, de só un millón de anos de antigüedade.
Animados polo haxazgo, estudaron máis en colaboración con científicos do Museo de Historia Natural, no Reino Unido, e a Universidade de Oslo. Agora, están convencidos de que atoparon a súa presenza nunha delas recuperada en 2008 cerca de Picton, na Illa sur de Nova Zelanda.
Según explicou Dennis Gordon, biólogo mariño no NIWA, “o descubrimento de exemplares de protulophila vivos, uns seres relacionados cos corais e as anémonas, é unha mostra de cómo o noso coñecemento sobre os fósiles pode levarnos a mellorar o que temos da actual biodiversidade. O seguinte paso será dar cun organismo en bo estado para intentar secuenciar o seu xenoma”.
http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/hallan-un-fosil-viviente-en-aguas-neozelandesas-441401353331