As propiedades dun fungo capaz de resistir o elevado nivel de salinidade do mar Morto poderían utilizarse para terminar coa fame en todo o mundo, segundo descubriu un grupo de científicos.
Considerábase até hai pouco que o mar Morto era incapaz de albergar algún tipo de vida. Con todo, hai certos tipos de organismos que prosperan en augas con altos niveis de salinidade, como o fungo Eurotium Rubrum.
Despois de máis dunha década tratando de descodificar o xenoma que facía do E. rubrum un fungo excepcional, un grupo de investigadores de Israel, Estados Unidos e Alemaña anunciaron que xa conseguiron separar a secuencia deste xenoma, abrindo así a posibilidade a crear superplantas que poidan resistir os altos niveis de salinidade.
Unha das vantaxes de crear superplantas resistentes a altos niveis de salinidade é que poderían ser cultivadas en zonas desérticas ou regadas con auga de mar.
Fontes:
http://www.abc.es/sociedad/20140514/abci-hongo-muerto-201405132107.html